JANELAS ALTAS

Breve pero intensa viaxe a Lisboa, a esa fermosa e sorprendente cidade que nunca se dá visto, que nunca se dá andado, que nunca… Apenas catro días, o quinto pérdese devorando os centos de quilómetros que nos separan. Chegaron a pouco, claro, pero tamén deron moito de sí, entre outras cousas, uns poucos posts para este triste blog. E aquí vai entón o primeiro, este que plaxia o seu título da tradución portuguesa do poemario de Philip Larkin editado por Ediçoes Cotovia. Non puiden escaparlle, era como se me estivera chamando a berros, por eso estes versos:

High Windows

When I see a couple of kids
And guess he’s fucking her and she’s
Taking pills or wearing a diaphragm,
I know this is paradise

Everyone old has dreamed of all their lives_

Janelas altas

Quando vejo um casal de miúdos
E percebo que ele a anda a foder e ela
Usa un diafragma ou toma a pílula
Sei que isto é o paraíso

Com que os velhos sonharam toda a vida_

Nota: A ventá forma parte da fachada dun edificio do Chiado (R/ Duque 47 – 51) no que unha artista xove realiza unha intervención que lle serve de proxecto para o seu Mestrado em Pintura da Faculdade de Belas-Artes da Universidade de Lisboa, o seu nome é Ana Velez. O espazo era grande, contou coa colaboración doutros dous artistas.