DANOS COLATERAIS 2

Desta vez foi Francisco, el é o autor da foto e a el lle teño que dar as grazas. Nada que dicir, en todo caso apuntar evocacións, probablemente ficticias, seguramente forzadas: penso en Joseph Cornell, nesas súas caixas nas que se apretan tantos mundos; en Pierre Roy, con esas composicións tamén contidas nun formato caixón, escaparate talvez, ás veces; hai -poidera ser- un eco metafísico de Giorgio de Chirico, aínda que sen sombras… En todo caso, sen dubidalo, hai novamente uns ollos que miran por min pousados nunha ventá.