RE-READING ROSALIA

Quen dixo que a poesía era cousa de catro miñasxoias? O que pasa que, está claro, hai que ter unha pouquiña de vista ou un chisco de intuición. Que hai de malo en poñer un ola aquí e quitar un adeus alí? Realmente foi Galicia a que mudou, xa non se corresponde coa dos vellos tempos, aqueles nos que se pousaba toda a cacharrada na eira de mallar para que os veciños foran comprando por pezas e así, eufemisticamente, xuntar os cartos necesarios para unha pasaxe de barco cara ás américas. Agora non, agora a mesmiña Rosalía cantaría con ritmo de rap a nova letra proposta por Caixa Galicia con-fusion para loar esta nosa paradisíaca terra e o seu benefactor compromiso con ela. Por suposto, esto non fixo máis que comezar, xa estou imaxinando o repunte de ciclo -económico, digo- e a mutación pondaliana: Urbanización de Breogán! …deeee Breeeogaaaán! Por suposto, eso xa será cousa da nova Caixa para a que propoño seriamente e tras moito reflexionar sobre o asunto o nome de Box Populi.

3 reflexións sobre “RE-READING ROSALIA

  1. Creo que este uso interesado (apropiación sin preguntar) de persoas, palabras e símbolos é bastante habitual. Só ao fío do destes días as lecturas interesadas sobre a victoria no mundial extrapolando e facendo lecturas morais e políticas.

    PD …pelo Teixo vai-se para o mundo … mais o río da minha aldeia…poucos saben qual é…paa onde ele vai e onde ele vem. E por isso, porque pertence a menos gente é mais livre e maior…

  2. Facíate ido. Non será que xa non hai troitas no Arno ou, peor aínda, que foi mala a última cosecha na Rioja!
    Polo demais, na publicidade e nos debates do estado da única nación constitucionalmente admisible todo vale. Os temas darían para moita leria, mais eu apenas apunto así pola superficie. Non sei se por non facer pesados os posts, por simple aburrimento ou, sinceramente, porque me dá un pouco o mesmo (polemizar, quero dicir).

  3. Dous imposibles físicos e metafísicos:
    1. No Arno hai tanta porquería que só pode haber mutantes-leviathan de troitas. En calquera caso vou para alí o 19 e xa che conto.

    2. Non hai malas colleitas no vino de Rioja. En calquera caso vou para alá o 26 e logo de probalo con atención che conto.

Os comentarios están pechados.