homburg

Caótico e ilóxico coma a letra dese tema dos procol harum, tan doutro tempo tamén, decidín entón adoptar o alcume de ‘homburg’. Son máis cousas (creo), talvez vaia pouco a pouco mostrándoo/mostrándome nesta ‘tristeza de tren’.

Houbo, quero dicilo, outros alcumes, outros disfraces: Tío Pepin, Cave Canem, Rue Valette, talvez outros de máis curta vida, xa non lembro. Ó final un exceso para tan pouco que ocultar.

procol harum – homburg para tod@s vós :