MONOMALISMO

Algún (non sei se debería empregar o plural) dos poucos visitantes deste blog manifesta dun xeito light a súa saturación ante tanta ventá/xanela. Disque o asunto pode xa resultar pesado, aburrido. Supoño que si, que ten razón, que con tantas e tantas cousas como acontecen diariamente en forma de dramas humanos debe parecer estúpido este paranoico afán monotemático. Aínda así, terco impenitente, vou resistir un pouco máis, talvez non moito.
A Louise Bourgeois, que perseverou.

3 reflexións sobre “MONOMALISMO

  1. Para manifestar a miña MAIS ENÉRXICA DISCONFORMIDADE.

    Non deixes de asomarnos á realidade da arte, do mundo e de tantas cousas a través das túas xanelas. A min, dende logo, non me cansa ¡coa variedade e a capacidade de suxestión que demostran!. (empezando por ista que colgas aquí, seguindo pola das vaquiñas, a de “poesía”, a do sismógrafo…)

    A X.L. (xtra large)… que teimudo persevere

  2. Agradézoche a túa entrega, Julián, e ves que a miña ameaza non ía en balde, é dicir, xa colguei máis posts. O fondo do asunto non cambia a pesar diso, sempre fun consciente de que un blog definido así, derredor dunhas imaxes tan concretas e, por enriba, azarosas, tiña que ter á forza unha vida moi limitada (non é motivo menor a miña propia limitación para estiralo, vaia). Creo que uns apeadeiros máis serán xa dabondo, todo tren chega máis tarde ou menos tarde á estación final. Cantos apeadeiros? Veremos, veremos.

  3. Aguanta un pouco máis, ho! ao millor é excesivo pola miña parte, pero gostaría de saber a súa opinión, mr. homburg, sobre este home… http://www.ekac.org/
    E se cadra envíamoslle alguma xanela máis, pra que non teña (nin teñamos) falta delas

Os comentarios están pechados.