A POLÍTICA DO SISMÓGRAFO

Cando se vela celosamente polos intereses do estado (dun estado calquera) débese estar preparado para afrontar decisións que ós comúns dos mortais poden parecerlles desproporcionadas por inhumanas ou, ó revés, inhumanas por desproporcionadas.
Existe un pequeno relato de Thomas Bernhard, titulado ‘Decisión’ e incluído no libro ‘El imitador de voces’, no que se nos conta como un funcionario rumano, responsable dunha determinada área de goberno na cidade de Bucarest, tras un terremoto de violenta intensidade, atopándose ante os escombros dun hotel caído tomou a determinación de ordear que foran aplanados en lugar de movelos para rescatar vítimas que, segundo testemuñas, pedían auxilio baixo os cascotes. Disque o aplanamento era moito máis barato que o salvamento e, ademais, seguramente moitos dos rescatados quedarían con danos físicos e terían que ser indemnizados polo erario público.
Se non fora porque a realidade supera tantas e tantas veces á ficción non deixaría de parecernos unha das moitas perversas ocurrencias deste polémico escritor austríaco.