FOME ZERO

Detrás da estación central de Rio de Xaneiro (coma noutras cidades do sur e do centro), existe dende hai pouco un restaurante popular denominado Betinho, do nome de Herberto de Souza, chamado Betinho, promotor en 1982 da primeira campaña nacional contra a fame. Está financiado polo estado e xestionado por unha empresa privada.
O edificio tén dous pisos, cada un cunha ampla sala de cores e mobiliario agradabeis. As camareiras, vestidas de azul, son simpáticas e cálidas. Algúns predicadores evanxélicos rondan pola entrada, cerca da caixa. Vestidos con camisas brancas, lanzan sorrisos cautivadores á xente que agarda… que os ignora completamente.
Por un real ó día (50 centavos de dólar), unha persoa pode obter un menú sustancioso de tres platos. O restaurante está aberto cinco días á semana. Pódese utilizar unha vez ó día e hai que consumir a comida alí mesmo.
Nas longas colas que se forman na beirarrúa dende o amencer, vin mulleres de mediana idade apenas capaces de andar, coa pel gris e o cabelo raro. Algúns nenos teñen o ventre inchado polo kwashiorkor ou polas lombrigas.

O texto está tirado do libro ‘El imperio de la vergüenza’, de Jean Ziegler, editado por Taurus no 2006. O fragmento que traducín para colgar baixo esta vacuna ventá (ou xanela) forma parte do cápitulo XII, Programa Fome Zero, no que se analiza a situación de Brasil coincidindo cos primeiros momentos de Lula no poder.

2 reflexións sobre “FOME ZERO

  1. Impresionante ( y vergonzoso) el texto.
    Divertida la foto (¿la vaca está disponible “full time”?)

  2. Non che sei, Julián, pero espero que polo menos sexan varias as vacas e traballen por quendas.

Os comentarios están pechados.