MICROARREBATOS

RELATO V:
Odio os telegramas porque sempre salto os stop.

RELATO VI:
Pintaba nas uñas sereas de grandes peitos. Cada vez que as cortaba ía metendo os cachos nunha caixa de mistos que tiña unha fermosa foto dun xarrón chino da dinastía Ming. Rematei por meter os fragmentiños de uña no propio xarrón.

RELATO IX
Na puta vida matei outra galiña.

RELATO X:
Escribo sen esquema previo para non perderme.

RELATO XVII:
Composición caótica: picáronsenos os callos da festa.

RELATO XVIII:
Problema de álxebra: o descoñecemento do alfabeto.

RELATO XIX:
O importante á hora de construir un personaxe é a súa caracterización psicolóxica, a capacidade para espirlle a alma, a sobriedade nos trazos que o caractericen, e, sobre todo, o seu nome. A min páreceme apropiado para este relato chamarlle ó protagonista Hamlet.

RELATO XXVI:
De non ser polo dinosaurio chegaba tarde outra vez ó choio. Cada día durmo máis!

RELATO XXVII:
Fun un neno feliz ata o instante mesmo no que me parei a pensar se era un neno feliz.

RELATO XXXII:
Cabréame moito que ó final duna novela me digan xa quen era o asasino.

RELATO XXXVI:
Sempre levaba o cordón umbilical desatado, disque ía coa súa personalidade.

RELATO XL:
E, logo de confesar e de recibir os óleos sagrados, entregoulle a súa alma ó Señor e díxolle: aí lle queda, podo vivir perfectamente sen ela.

RELATO XLI:
Foi o primeiro home en pisar a Lúa, si, pero con tan mala sorte que se lle quedou pegado un puto chicle na sola da súa bota de astronauta.

RELATO EXTRA: Para os amantes da Science Fiction.
Part I:Chegará o día no que os Estados Unidos de Norteamérica teñan a unha persoa (seguramente home, eso si) afroamericana (non deberá dicirse negra) ocupando a presidencia. [letor: pssssssssss!]
Part II:Chegará un día no que un xefe de goberno socialista recortará partidas económicas destinadas a gastos sociais e baixará os salarios dos traballadores! [letor: psssssssssssssssssssssssssssssss!]
Part III: Chegará un día no que xa non se emita Luar na tvg. [letor: estes autores de SF xa non saben que fantasías imaxinar!]

3 reflexións sobre “MICROARREBATOS

  1. Micromagnífica microselección de macrorrelatos.

    Agora ben: Coidado con certas fabulacións.

    Firmado

    P.O.

    Gayoso

  2. Ola, Francisco, grazas pola visita, aínda que fora P. O. de Gayoso (unha fábula é unha fábula, parodiando a Gertrude).

  3. Estou seguindo com interesse, gradidão e a mesma «tristeza» este seu tren ;) Assim, esta Web-rede maldita é o nosso (indignado/revoltado) «xeito de atravesar a paisaxe». Te digo também «non desista» desta louca travessia.
    Espero ver mais «xanelas».
    Obrigado.
    Um abraço.

Os comentarios están pechados.