CERIMONIA DE CLAUSURA

Deixou escrito o poeta que toda morte é prematura. Ben sabemos que os poetas case nunca teñen razón, sobre todo porque a brutal realidade cotiá se afana en levarlles a contraria.
Estirar e estirar e seguir estirando unha imaxe dunha ventá para xustificar con ela unha perorata masturbatoria mellor ou peor escrita, para enxoivala con caprichosas seleccións musicais ou cousas así, para… No fondo non acabo de saber moi ben para que e, salvo para min, tampouco acabei de saber moi ben para quen. Por eso, a pesar de que o número de ventás podería ser case infinito e que, tamén levándolle parcialmente a contraria a outro poeta, eu non lin todos os libros por moito que a carne sexa triste, incluso esta carne de tren, decidín que abondaba.
Non merece a pena desperdiciar máis retórica para pechar este espazo, unicamente me quero permitir unha última satisfacción literaria facendo uso e abuso duns versos de Ruy Belo, versos que agora me parecen perfectamente oportunos:

Dizia que ao chegar se olhares e me não vires
nada penses ou faças vai-te embora
eu não te faço falta e não tem sentido
esperares por quem talvez tenha morrido
ou nem sequer talvez tenha existido.

Homburg fuit hic.

3 reflexións sobre “CERIMONIA DE CLAUSURA

  1. Querido, su frustración y sus carencias, de carisma, estilo y elegancia que con tanto desorden y mal gusto exhibe en su blog, no deberían de suponer ningún handycap para que con un poquito de voluntad, usted y yo pudiésemos edificar una sólida amistad. Me considero una persona comprensiva y benevolente con los que por desgracia han sido castigados con una fortuna tan pobre.
    Verá, querido, el problema no es mi paciencia, tampoco sus chistes malos, el problema es su pertinaz conducta, que mantiene como una mula con orejeras detrás de una suculenta zanahoria, intentar agradar a Dono en cada comentario que haga.
    Por favor, querido, deje de comportarse como un bufón para su amo, que este foro en poco se asemeja a una corte. Si en verdad quiere contentarle, si tanto le admira, si tanto le gustaría parecerse, enciérrese en una biblioteca y no vuelva a salir jamás. Puede que lo consiga o puede que no, de lo que no cabe duda es de que el mundo no echaría de menos a otro jovenzuelo con ínfulas de escritor.

    P.S: Ya lo dice el refrán: “El que se acuesta con niños…”

  2. Seguramente Caín (http://jonenjur.blogspot.com/) leva razón en todo, pero por desgraza para min xa sabedes que fallou no de ‘jovenzuelo’. Polo demais, esta reacción súa ten unha explicación moi simple, pois é consecuencia dun comentario meu -innecesario- no blog de Maite Dono.

Os comentarios están pechados.